Preguntas frecuentes
Como podo pórme en contacto con Movelia?
O noso departamento de Atención ao Cliente estará encantado de atenderte a través de info@movelia.es ou do teléfono 902 64 64 28. O horario é de luns a venres das 8:00 ás 20:00 e os sábados e domingos das 9:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 19:00.
Tamén podes utilizar o noso formulario de contacto.
Como podo comprar un billete?
Podes realizar as túas compras de forma rápida e segura a través da nosa páxina web ou app.
Tamén, se o prefires, a través do noso centro de chamadas (902 64 64 28), onde te atenderemos, de luns a venres, das 8:00 ás 20:00, e os sábados, domingos e festivos, das 9:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 19:00
Ou na túa axencia de viaxes.
Podo viaxar con animais?
Cando se trate dun traxecto nacional, admítense cans e gatos, sempre que vaian nunha gaiola de transporte ríxida e, dependendo da empresa, sedados. Viaxarán sempre no maleteiro do autobús. Admítese só un animal por autocar e deberá pagar un pequeno suplemento dependendo da empresa transportista. Podes consultar as condicións de transporte no apartado «suplementos».
Nos traxectos internacionais, está totalmente prohibido viaxar con animais.
Podo levar a bicicleta?
Cando se trate dun traxecto nacional, podes levar a túa bicicleta previo pagamento dun suplemento. Deberás levala debidamente embalada para que non dane a equipaxe doutros viaxeiros.
Podes consultar as condicións de transporte no apartado «suplementos».
Podo viaxar cunha táboa de surf?
Cando se trate dun traxecto nacional, podes viaxar coa túa táboa de surf, previo pagamento dun suplemento. Podes consultar as condicións de transporte no apartado «suplementos».
Podo subir directamente ao bus co billete electrónico?
Si, coa impresión do billete electrónico podes ir directamente ao autocar, tanto en traxectos nacionais como internacionais.
Nalgunhas empresas, e só nos traxectos nacionais, podes acceder ao autocar presentando o localizador do teu billete xunto co teu DNI, NIE ou pasaporte.
Pode viaxar unha persoa diferente a aquela que aparece no billete?
Non. Os billetes adquiridos a través de Internet son nominativos e intransferibles. Se a documentación do pasaxeiro non corresponde cos datos que figuran no billete, este quedará invalidado e o pasaxeiro deberá adquirir un novo billete para viaxar.
Que acontece se non podo imprimir o meu billete?
En caso de que non deses imprimido o billete e a empresa coa que viaxas non che permita acceder unicamente co localizador, podes solicitar a impresión do teu billete no punto de venda. Nos traxectos internacionais é obrigatorio levar impreso o billete electrónico.
Cales son as vantaxes de viaxar en Clase Supra +?
O servizo Supra+ é equivalente a viaxar en Primeira Clase, tanto polas características do autocar (asentos de pel, posibilidade de seleccionar asentos individuais, etc.) como polos servizos que se ofrecen a bordo (azafata, cátering e asistencia personalizada).
Pode consultar as características dos servizos de Clase SUPRA+, SUPRA ECONOMY e PREMIUM aquí.
Temos tarifas especiais para grupos?
Na maioría das empresas que integramos podes encontrar tarifas especiais para grupos con ata o 30 % de desconto, conforme os traxectos e as datas da viaxe.
Con canto tempo de antelación podo cambiar ou anular o meu billete?
Podes anular o teu billete ata 2 horas antes da saída, coa conseguinte penalización, en función da empresa transportista. Podes consultar as condiciones específicas de anulación da compañía con que viaxas no apartado de «Condicións xerais».
Que é Privilegios en Compras ou Privicompras? http://www.privilegiosencompras.es/
Privilegios en Compras é un club de compras en liña independente de Movelia, pero que se ofrece aos clientes con vantaxes exclusivas. É un servizo de subscrición que ofrece aos seus membros descontos, promocións e reembolsos en todas as compras que realicen nas máis de 500 tendas asociadas ao club.
«WLY* privicompras.es» é a descrición pola que aparece Privilegios en Compras nos extractos bancarios dos seus clientes, dado que o nome completo de Privilegios en Compras é demasiado longo e non colle nestes campos.
É Privilegios en Compras un servizo de pagamento?
Si. Poderás gozar dun período de proba durante os 30 primeiros días, pero pasado este prazo o servizo terá un custo de 15 € mensuais.
*Se te inscribiches no programa antes do 29 de abril de 2015, a túa cota de subscrición e vantaxes mantéñense sen cambios
Como podo darme de alta en Privilegios en Compras?
Compra a túa viaxe en Movelia. Ao finalizar a compra preme na ligazón que se mostra a seguir e introduce os teus datos no formulario:
• Datos persoais (nome, apelidos, cidade, código postal, correo electrónico)
• Forma de pagamento
• Contrasinal para acceder ao servizo
Cando completes os tres pasos do formulario e o aceptes, a túa inscrición a Privilegios en Compras quedará confirmada mediante a visualización da páxina de confirmación e do envío ao teu enderezo electrónico da mensaxe electrónico de confirmación.
Que é o Vale de Benvida? Como se utiliza?
O Vale de Benvida é un vale de reembolso. Isto é que Privilegios en Compras ingresa directamente na túa conta. É teu ao darte de alta e para poder aproveitalo non tes máis que seguir os pasos que che indicamos a seguir:
• Compra os teus billetes en Movelia antes de que pasen 90 días desde a data en que te inscribiches en Privilegios en Compras.
• Envía o correo de confirmación de compra ao seguinte enderezo de correo electrónico: valedebienvenida@privilegiosencompras.es. Deberás facelo dentro dos 30 días seguintes á data da compra.
• Non esquezas incluír no correo electrónico o enderezo de correo electrónico que usaches para inscribirte no club e o teu número de cliente (podes encontralo na túa área de cliente).te).
• Poucas semanas despois verás o reembolso na túa conta bancaria.
• O Vale de Benvida ten un prazo de validez de 90 días que empezan o día en que te deches de alta en Privilegios en Compras.
Que é o Vale de Fidelidade e como se utiliza?
O Vale de Fidelidade é un vale de 15 € de reembolso. Poderás gozar dun Vale de Fidelidade cada mes de pertenza a Privilegios en Compras. Sigue estes pasos para utilizalo:
• Compra a túa viaxe en Movelia, entra antes de que finalice o mes.
• Envía o correo electrónico de confirmación de compra a valedefidelidad@privilegiosencompras.es antes de que se cumpran 30 días desde a data en que compraches os teus billetes.
• Ás poucas semanas o reembolso verase reflectido na túa conta bancaria.
Podo aproveitar o Vale de Fidelidade noutra tenda que non sexa Movelia?
Non. Unicamente poderás usar o Vale de Fidelidade cando compres as túas viaxes en Movelia.
É posible usar o Vale de Benvida e o Vale de Fidelidade ao mesmo tempo?
Si. Ambos os vales poden utilizarse asemade, pero deben utilizarse en compras diferentes.
Como podo pórme en contacto con Privilegios en Compras ou obter máis información sobre o programa?
Se tes dúbidas sobre como utilizar o servizo ou precisas máis información sobre Privilegios en Compras, podes dirixirte ao seu Servizo de Atención ao Cliente. Resolverán todas as túas dúbidas:
• Envía un correo electrónico a: atencionalcliente@privilegiosencompras.es
• Chama ao número de teléfono gratuíto: 900 87 87 10. O seu horario de atención é das 9:00 ás 21:00 de luns a venres e das 10:00 ás 17:00 os sábados.
• Escribe unha carta ao seguinte enderezo: Privilegios en Compras, Apartado de Correos 14.596, 28080 Madrid
Como podo cancelar a miña subscrición a Privilegios en Compras?
Se non desexas seguir sendo membro de Privilegios en Compras, podes dar de baixa a túa subscrición en calquera momento. Podes facelo accedendo ao teu espazo de cliente co teu usuario e contrasinal. Vai ao menú «A miña conta» e preme en «Perfil». No apartado «Xestión da subscrición» encontrarás a opción para cancelar a túa subscrición. A baixa xestiónase de forma inmediata e todos os reembolsos que acumulases ata o momento ingresaranse na túa conta.
Se o prefires, podes solicitar a baixa ao Servizo de Atención ao Cliente de Privilegios en Compras:
• Envía un correo electrónico coa túa solicitude de baixa a: atencionalcliente@privilegiosencompras.es
• Chama ao número de teléfono gratuíto: 900 87 87 10. O horario de atención é das 9:00 ás 21:00 de luns a venres e das 10:00 ás 17:00 os sábados.
• Envía un escrito coa túa solicitude de baixa a: Privilegios en Compras, Apartado de Correos 14.596, 28080 Madrid
Lembra que, ao cursar a baixa de Privilegios en Compras, perderás todos os beneficios do servizo:
• Vales mensuais de 15 euros ao comprar en Movelia
• 10 % de reembolso en todas as compras que realizases no comercio electrónico da plataforma de Privilegios en Compras.
• Descontos exclusivos.