Aviso legal
1.-Introducción.
Mediante este aviso legal e política de privacidade, MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. (NIF B83038539, Avenida Manoteras nº38, bloque D Planta Baja, número 010. CP 28050 Madrid) informa os usuarios da páxina web da súa propiedade (no sucesivo, a «Web») e da súa aplicación móbil (no sucesivo, a «App») acerca das condicións de uso da Web e da App, así como da súa política de privacidade e protección de datos de carácter persoal, para que os usuarios determinen, libre e voluntariamente, se desexan facilitar os datos persoais que lles poidan ser solicitados, con ocasión dos servizos ofertados pola empresas do sector transporte e loxística do seu ámbito, no sucesivo AS EMPRESAS (ver en PDF), a través deste medio.
2. Titular do sitio web.
Ao abeiro do establecido no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase aos usuarios do presente sitio web do seguinte:
Titular do sitio web www.movelia.es: MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L.
domicilio social: Avenida Manoteras nº38, bloque D Planta Baja, número 010. CP 28050 Madrid
CIF: B-83038539.
Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 16.668, libro 0, folio 132, sección 8, folla M-284410.
Enderezo de correo electrónico: info@movelia.es.
Tfno. de contacto: 919 49 60 79
Fax: 91 4054161
3. Condicións de uso.
Toda persoa que acceda á Web ou á App asume o papel de usuario e comprométese á observancia e ao cumprimento rigoroso das disposicións aquí enunciadas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación..
O usuario comprométese a non usar o presente sitio web nin a súa App con finalidades fraudulentas, ben como a non levar a cabo ningunha conduta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos de MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. ou das EMPRESAS. En caso de incumprimento por parte do usuario das condicións de uso do presente sitio web, ou sospeita razoable por parte da empresa de que o usuario as está incumprindo, MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. reserva o dereito a limitar, suspender ou terminar o seu acceso ao sitio web/App, e adoptará calquera medida técnica que sexa necesaria con dito fin.
4. Responsabilidade.
MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información se manipulase ou a introducise un terceiro alleo a este.
MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. non se responsabiliza de ningún modo e en ningún caso daqueles contidos, actividades comerciais, produtos e servizos que puidesen visualizarse mediante ligazóns electrónicas (links), directa ou indirectamente, a través do sitio web. A presenza de ligazóns no sitio web, salvo manifestación expresa en contrario, ten unha finalidade meramente informativa e en ningún caso supón suxestión, convite ou recomendación sobre estes. Estas ligazóns non representan ningún tipo de relación entre MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. e os particulares ou empresas que poidan acceder a sitios web alleos a MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. mediante estas ligazóns. MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. reserva o dereito a retirar de modo unilateral, e en calquera momento, as ligazóns que aparecen no sitio web.
MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. presta os seus servizos e contidos de forma continuada e emprega todos os medios técnicos ao seu alcance para realizar dita prestación de forma satisfactoria.
MOVELIA TECNOLOGÍAS, S. L. non se fai responsable dos danos e perdas de toda natureza que puidesen derivar da falta de dispoñibilidade ou continuidade técnica do funcionamento deste sitio web/App. En calquera caso, a empresa levará a cabo todas as actuacións necesarias para restablecer os seus servizos en caso de fallo técnico.